Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo P.O. 4/2016, interposto por Francisco Toirán López.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, solicitude de remisión do expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. núm. 4/2016, interposto por Francisco Toirán López, contra a Resolución do 7 de abril de 2015, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as agrícolas, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 pola que se dá publicidade á baremación definitiva da fase de concurso.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública