Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15371

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (190/2015).

Neste órgano xudicial tramítase divorcio contencioso 190/2015, seguido por instancia de Domingo García Rodríguez, contra María Begoña Zabalza Marti, nos que se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

Sentenza nº 105/2015.

En Betanzos, trece de outubro de dous mil quince.

Vistos por Carmen Castro Pérez, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primera Instancia número 2 desta cidade, os presentes autos de divorcio contencioso número 190/2015, seguidos ante este xulgado co número por instancia de Domingo García Rodríguez representada polo procurador dos tribunais Ana Sexto Quintas e asistida de letrado Eduardo Aguiar Boudin, contra María Begoña Zabalza Martí, en situación de rebeldía procesual.

Decido

Que estimando a demanda interposta pola procuradora Ana Sexto Quintas, en nome e representación de Domingo García Rodríguez contra María Begoña Zabalza Martí, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio de ambos os dous cónxuxes contraído en Pamplona, o día dezaoito de febreiro de mil novecentos setenta e oito, con todos os efectos legais inherentes a esta declaración.

Todo iso sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

Líbrese testemuño da presente sentenza e remítase ao Rexistro civil de Pamplona, onde consta inscrito o matrimonio, para a práctica dos asentos respectivos.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela poden interpoñer recurso de apelación ante este mesmo xulgado e nun prazo de vinte días a partir da súa notificación e que, se é o caso, coñecerá á Audiencia Provincial.

Así, por esta a miña sentenza da que se levará testemuño aos autos da súa razón, pronúncioa, mándoa e asínoa. Carmen Castro Pérez. Asinado.

E para que así conste e sirva de notificación en forma á demandada María Begoña Zablaza Marti, expido e asino este edicto.

Betanzos, 30 de novembro de 2015

A secretaria xudicial