Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 5 de abril de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00702-O-2016 e dous máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación dos expedientes sancionadores XC-00702-O-2016 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Unha vez intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince días (15) hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente e presentar ou propor as probas que coiden oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 5 de abril de 2016

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Denunciado

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00702-O-2016

0544-JFZ

Garda Civil 1504 H74822F

Serlotrans 2000, S.L.

B27794965

Custa Madrid, nº 152

36318 Vigo (Pontevedra)

Diminución do descanso semanal normal. Igual ou superior a 42 horas e inferior a 45 horas.

3.2.2016; 9.35; N-634; 676,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00703-O-2016

0544-JFZ

Garda Civil 1504 H74822F

Serlotrans 2000, S.L.

B27794965

Custa Madrid, nº 152

36318 Vigo (Pontevedra)

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

3.2.2016; 9.28; N-634; 676,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00738-O-2016

0340-CFD

Garda Civil 1501 I14478B

Trasancer S.L.

B27457282

Lg. O Carrizo, Santaballa, nº 2

27800 Vilalba (Lugo)

Non levar a bordo do vehículo o título habilitante ou a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

9.2.2016; 12.30; N-634; 634,3

Art. 18.5 do Real decreto 1032/2007

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros