Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2016 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e suxeito a regulación harmonizada, dun servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria de concienciación e sensibilización social contra os incendios forestais (expediente 20/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para definir a estratexia de medios e soportes para desenvolver unha campaña publicitaria para sensibilizar e concienciar os galegos e galegas das consecuencias que se derivan dos incendios forestais.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: a duración do servizo estenderase desde a sinatura do contrato, previsiblemente o 30 de xuño, ata o 15 de novembro de 2016.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79341000-6 e 79341400.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito á regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 346.279,80 euros; IVE (21 %): 72.718,76 euros. Importe total: 418.998,56 euros.

Valor estimado: 346.279,80 euros.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe. Segundo as letras J e K da portada (se conta coa clasificación o grupo T, subgrupo 1, categoría 3 –equivalente á categoría C do Real decreto 1098/2001– estará exento de acreditar a solvencia económica e financeira e técnica ou profesional.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional segundo o disposto nas letras J e K da portada.

7. Garantía exixida: definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE (17.313,99 euros).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito número 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 54 57 38 (consultas administrativas); 981 55 72 41 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24751

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 9 de maio de 2016.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Dirección: Sala de Xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.30 horas do 18 de maio de 2016. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial da Unión Europea: 30 de marzo de 2016.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG nº 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural