Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15143

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e tramitación urxente, documentalmente simplificada, para a contratación do servizo de restauración, que inclúe a limpeza e o acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa e do que inclúe a limpeza, o acondicionamento, a montaxe e a desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes en Vigo, do campamento xuvenil Illa de Ons en Bueu e do campamento xuvenil Pontemaril en Forcarei.

A Xefatura Territorial de Vigo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar o seguinte procedemento:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Xefatura Territorial de Vigo da Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica.

2º. Enderezo: r/ Concepción Arenal, nº 8, 2º andar.

3º. Código postal e localidade: 36201 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 76 33/81 77 25/81 76 47. Fax: 986 81 76 83.

5º. Perfil do contratista: http://www.contratosdegalicia.es .

6º. Data límite de obtención de documentación e información: desde a publicación deste anuncio ata a finalización do prazo de presentación de propostas.

d) Número de expedientes: 1.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: expediente 14/2016.

Servizo de restauración, que inclúe a limpeza e o acondicionamento das instalacións do albergue xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa, e servizo de restauración, que inclúe a limpeza, o acondicionamento, a montaxe e a desmontaxe das instalacións do campo de traballo Illas Cíes en Vigo, do campamento xuvenil Illa de Ons en Bueu e do campamento xuvenil Pontemaril en Forcarei.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Prazo de execución: desde o 22 de xuño ata o 12 de setembro de 2016, segundo os períodos relacionados no prego de prescricións técnicas.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 55243000-5; CPA: 56.10.19.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto, contratación documentalmente simplificada.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento: 241.999,13 € (IVE 10 %: 24.199,91 €). Total 266.199,04 €.

5. Garantías exixidas. Provisional: non. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 6, categoría 2.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a sinalada no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os sinalados no punto R das follas de especificacións do PCAP.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais, contados desde o seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: no rexistro xeral, segundo establece o prego de cláusulas administrativas particulares ou por correo segundo o establecido no punto 6.1 do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

2º. Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 36201 Vigo (Pontevedra).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, contados desde a data de apertura das propostas.

8. Apertura de ofertas: terá lugar en acto público, nunha sala de xuntas da Xefatura Territorial de Vigo, á hora e na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratista http://www.contratosdegalicia.es/ .

a) Enderezo: rúa Concepción Arenal, nº 8, 2º andar, 36201 Vigo.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario (aprox. 10,82 € por liña).

Vigo, 14 de abril de 2016

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo