En cumprimento do disposto nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselle á interesada, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, a resolución de denegación no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia, tramitada ao abeiro do disposto no Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o dito rexistro.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Infraestruturas e Vivenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación, consonte o previsto no artigo 114 da citada Lei 30/1992. A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
Pontevedra, 30 de marzo de 2016
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Credencial |
Nome e apelidos |
DNI/NIE |
Enderezo |
CP |
Concello |
74361 |
María Luísa Bugallo Barral |
77406981K |
Rúa dos Sapos, Edificio Los Castaños, portal 1, 2º F |
36001 |
Pontevedra |