Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 14962

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da delimitación do núcleo rural histórico-tradicional do Caxigal, parroquia de Ramil, concello de Castro de Rei (expediente PTU-LU-15/109).

O Concello de Catro de Rei remite proxecto de delimitación do núcleo rural do Caxigal, datado en abril 2015 e subscrito pola consultora Monsa Urbanismo, S.L., para os efectos da súa aprobación definitiva, consonte a disposición adicional segunda.2 da vixente Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Analizada a documentación remitida e visto o informe proposta da Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Castro de Rei carece de figura de planeamento xeral. O ámbito afectado polo presente expediente réxese polas normas de aplicación directa da LOUG e, no que non se opón a estas, polas normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial aprobadas o 3.4.1991.

I.2. Polo que respecta á tramitación do presente expediente, consta:

– Aprobación inicial (decreto de Alcaldía 76/2014, do 24.3.2014).

– Exposición pública (5.4.2014-24.5.2014), mediante anuncios en El Progreso do 4.4.2014, La Voz de Galicia do 4.4.2014 e DOG do 24.4.2014. Segundo certificación municipal, durante o dito trámite non se presentaron reclamacións.

– Emisión do informe da Dirección Xeral de Telecomunicacións (16.3.2015), de carácter favorable.

– Emisión do informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (7.4.2015), favorable condicionado.

– Aprobación provisional do proxecto de delimitación (11.7.2015).

II. Aspectos xerais. Contido.

II.1. Proponse a delimitación do asentamento poboacional do Caxigal, pertencente á parroquia de Ramil, como núcleo rural histórico-tradicional.

II.2. O proxecto delimita o núcleo, define o trazado da rede viaria existente, regula as condicións urbanísticas aplicables no núcleo e cataloga varias construcións de carácter tradicional, incorporando medidas de protección.

III. Análise e consideracións.

III.1. En canto ao cumprimento de informes sectoriais, no proxecto aprobado provisionalmente atópanse integradas as condicións impostas no informe favorable de Patrimonio Cultural, no sentido da obriga de respectar as aliñacións consolidadas polas edificacións e peches tradicionais.

III.2. O asentamento cumpre o artigo 13 da LOUG para núcleos rurais; conta con topónimo oficial –O Caxigal– recoñecido no Nomenclátor oficial de entidades da provincia de Lugo (Decreto autonómico 6/2000); e acada o requisito de consolidación mínima exixida do 50 % establecido no artigo 13.3.a) da LOUG.

III.3. Compróbase que se acredita o cumprimento dos requisitos establecidos pola disposición adicional segunda.2 da LOUG.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, e co artigo 3.a) en relación coa disposición transitoria segunda do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

IV. Resolución

Visto canto antecede, resolvo:

IV.1. Aprobar definitivamente a delimitación de solo de núcleo rural histórico-tradicional do Caxigal, parroquia de Ramil, do Concello de Castro de Rei.

IV.2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

IV.3. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

María Encarnación Rivas Díaz
Secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

ANEXO

missing image file