Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización do procedemento negociado para a prestación de servizos de asistencia sanitaria especializada a pacientes beneficiarios da Seguridade Social (expediente NB-SER4-15-003).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: NB-SER4-15-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: prestación de servizos de asistencia sanitaria especializada a pacientes beneficiarios da Seguridade Social protexidos polo Servizo Galego de Saúde.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: corenta e cinco millóns setenta e cinco mil cento sesenta e dous euros con cincuenta e seis céntimos (45.075.162,56 euros).

5. Formalización do concerto:

a) Data de adxudicación: 30 de marzo de 2016.

b) Data de formalización do concerto: 1 de abril de 2016.

c) Contratista: Hospital Juan Cardona.

d) Importe de adxudicación: 45.075.162,56 euros.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2016

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente do Servizo Galego de Saúde