Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización do procedemento negociado para a prestación de servizos de asistencia sanitaria especializada a pacientes beneficiarios da Seguridade Social (expediente NB-SER4-16-001).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: NB-SER4-16-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: prestación de servizos de asistencia sanitaria especializada a pacientes beneficiarios da Seguridade Social protexidos polo Servizo Galego de Saúde.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: vinte e oito millóns novecentos sesenta e sete mil novecentos once euros con vinte céntimos. (28.967.911,20 €).

5. Formalización do concerto:

a) Data de adxudicación: 30 de marzo de 2016.

b) Data de formalización do concerto: 1 de abril de 2016.

c) Contratista: I.P.La Rosaleda, S.A.

d) Importe de adxudicación: 28.967.911,20 euros.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2016

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Xerente do Servizo Galego de Saúde