Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14708

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4341/2015-RMR).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4341/2015, seguido por instancia de Juan José Vázquez Teo fronte ao Fogasa, Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., sobre despedimento disciplinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva di:

«A sala acorda declarar deserto o recurso de casación en unificación de doutrina preparado polo letrado habilitado da Avogacía do Estado, en nome e representación do Fondo de Garantía Salarial, fronte á sentenza ditada en suplicación por este tribunal, e declarar a súa firmeza e a devolución ao órgano xudicial de procedencia dos autos con certificación da sentenza recaída e expresión da súa firmeza.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición preparatorio do recurso de queixa, nos termos do artigo 223.3 LRXS, no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción en que a resolución tivese incorrido a xuízo do recorrente, e fágaselle saber ao recorrente que non teña recoñecida a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social que deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta de consignacións deste tribunal, aberta en Banesto, conta nº 1552, debendo sinalar no campo concepto a indicación recurso seguida do código “30 social-reposición”.

Así por este auto, pronúnciano, mándano e asínano comigo, secretario da sala, que dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Estructuras Metálicas Gallegas, S.L., en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en Batáns, monte de Lapido, Bertamiráns, Ames, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza