Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14575

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, mediante procedemento aberto, para a contratación da subministración de 240 contedores de residuos sólidos urbanos (fracción resto) de 800 litros con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente.

No Perfil do Contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación da subministración de 240 contedores RSU (fracción resto) de 800 litros con destino ao Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación Provincial de Ourense, cun gasto autorizado de 33.396,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, ou por correo. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no prego de condicións, ao que poderá accederse gratuitamente a través do perfil do contratante na web da Deputación www.depourense.es. As solicitudes de información poderán formularse telefonicamente no número 988 31 75 40 perante o Servizo de Contratación.

Sen prexuízo de calquera outro recurso que se estime procedente, o prego de condicións, os anuncios de licitación e os demais documentos contractuais que establezan as condicións que teñan de rexer a licitación serán susceptibles de recurso potestativo de reposición ante a Presidencia da Deputación no prazo dun mes e, alternativamente de recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses, contados ambos os prazos desde o día seguinte ao da publicación dos anuncios de licitación ou, de ser o caso, da última publicación (se non fosen simultáneos).

Ourense, 31 de marzo de 2016

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense