Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14576

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Catedral de Santiago de Compostela

ANUNCIO de contratación das obras de restauración nas torres -2ª fase- (proxecto complementario de restauración na fachada do Obradoiro).

Orzamento de contrata: 1.034.118,14 € (IVE incluído).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación administrativa da empresa: grupo K, subgrupo 7, categoría E.

Entidade contratante: Fundación Catedral de Santiago.

A documentación do proxecto e o prego de contratación poderanse recoller na sede da Fundación Catedral de Santiago, rúa do Vilar, 1-1º, Santiago de Compostela (teléfono 981 56 93 27), logo de acreditación da empresa e aboamento de 100 €. O prazo de presentación das ofertas será de vinte días naturais desde a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016

Daniel C. Lorenzo Santos
Director da Fundación Catedral de Santiago de Compostela