Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2016 Páx. 14505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 29 de febreiro de 2016, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial para a planta de fabricación de tensioactivos e química fina situada no polígono industrial de Sabón, no concello de Arteixo (A Coruña) (expediente 2015-IPPC-M-69).

Para os efectos previstos no Real decreto 815/2013, do 18 de octubre, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19.10.2013), faise público que por espazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado

– Proxecto básico de modificación substancial da AAI clave: 2006/0343_NAA/IPPC da planta de Arteixo Química, S.L.U. Febreiro 2016.

Para que calquera interesado poida consultalo e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes. O documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultalo na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2016

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-M-69.

Peticionario: Arteixo Química, S.L.U.

Domicilio social e localización da instalación: avenida da Prensa, parcela 51, polígono industrial de Sabón, 15142 Arteixo (A Coruña).

Actividade: fabricación de produtos químicos (tensioactivos e axentes de superficie). Esta instalación está incluída no ámbito de aplicación do Real decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas (nivel superior).

Descrición da modificación: as modificacións proxectadas consisten

– Na fabricación dun novo produto (cloruro de dialildimetilamonio: DADMAC 65 %, cunha produción estimada inicialmente en 800 t/ano).

– Na instalación dun depósito de almacenamento de epiclorhidrina, co obxecto de cambiar o tipo de almacenamento.

– No incremento da fabricación de policarbonatos.

Estas actuacións comportan:

– A instalación de novos depósitos no parque de inflamables e na zona de produción.

– Un incremento significativo na xeración de residuos perigosos (dunhas 67 t/ano a unhas 937 t/ano).

Verteduras: a modificación non supón cambios respecto da situación actual.