Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación do inicio do trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2016/20-1 e un máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, notifícaselles mediante este anuncio o inicio do trámite de audiencia, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Dispoñen dun prazo de oito días, a partir do día seguinte ao súa publicación no BOE, durante o cal poderán comparecer nas dependencias desta xefatura territorial, na rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º (Centro Comercial Elviña) na Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecer o contido íntegro do expediente.

Efectuado este trámite, os suxeitos responsables poderán formular novas alegacións por termo doutros tres días, despois dos cales o expediente quedará visto para a proposta de resolución, de conformidade co artigo 18.4 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

A Coruña, 8 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

1. Expediente: RL 2016/20-1.

Acta inf. nº: I152015000137821.

Empresa: Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A.

NIF: A15922198.

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.

2. Expediente: RL 2016/21-1.

Acta inf. nº: I152015000140043.

Empresa: Compañía de Protección y Vigilancia Galaica, S.A.

NIF: A15922198.

Concello: Santiago de Compostela (A Coruña).

Materia: relacións laborais.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

– Alegacións da empresa.

– Informe da Inspección de Traballo e Seguridade Social.