Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 28 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente PES-OU-07/2016-V e catro máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para ser notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na avenida de la Habana, nº 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 28 de marzo de 2016

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: PES-OU-07/2016-V.

Interesado: Jaime Manuel Agudo Abille.

Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-63/2015-V.

Interesado: Agostinho Portiño.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-80/2015-V.

Interesado: George Beloiman.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.

Expediente: CAZ-OU-69/2016-V.

Interesado: José López Dopazo.

Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.

Expediente: CAZ-OU-60/2016-V.

Interesado: Francisco Javier Pacios Viso.

Acto de notificación: acordo de incoación de procedemento sancionador.