De conformidade co disposto nos artigos 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o arquivamento das súas solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.
A Coruña, 22 de marzo de 2016
María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Expediente |
Nome e apelidos |
NIF/NIE/pasaporte |
AC-2015/00321 |
Verónica Bermejo Valcárcel |
44458975K |
AC-2015/00332 |
Dámaris Iglesias Nogueira |
47365609F |
AC-2015/00375 |
José Carlos Méndez Oro |
32774615Y |
AC-2015/00418 |
Enrique Salvador Ribes |
33968723T |
AC-2015/00367 |
Mariyam Saber |
Y1442031Z |