Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14287

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente administrativo OU-99/2015, sobre exclusión da bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza.

Ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e logo de intentar a notificación á interesada que se indica a seguir sen que se puidese efectuar, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que resolvo publicar por este medio que se ditou acordo o 9 de decembro de 2015 acordo de inicio do expediente administrativo sobre exclusión da bolsa de interinos dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza (expediente OU 99/2015). A eficacia deste acordo queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O expediente relacionado está á disposición da interesada para que, de ser o caso, poida consultalo na citada Xefatura Territorial de Ourense, situada na avda. da Habana, 79, 2º, 32004 Ourense.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 3 de marzo de 2016

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesada

NIE

OU-99/2015

Verónica Rueda Justo

71014523E