Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 7 de abril de 2016 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nas resolucións ditadas nos expedientes administrativos sancionadores incoados por infracción da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque, intentadas as notificacións, non se puideron practicar (expediente SANC/28/15 e un máis).

A Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas ditou resolución nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa reguladora en materia de estradas, segundo se relacionan no anexo. Nas devanditas resolucións, ademais de impoñer sanción de multa nos casos que se indica (sinalando «resolución sancionadora»), acordouse ordenar tamén a restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción no prazo sinalado en cada resolución (artigos 64 e 68 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, LEGa), contado desde a data da notificación, con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas e de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante. Unha vez que estea esgotado o prazo do período voluntario para o pagamento da multa, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento.

Intentada a notificación persoal destas resolucións, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica. Por medio do presente anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no servizo de Infraestruturas da delegación da Axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único devandito.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución sancionadora non esgota a vía administrativa e que se pode interpoñer recurso de alzada ante a presidenta da Axencia. O prazo de interposición do devandito recurso será dun mes computado desde o día seguinte ao remate do prazo de 10 días antes sinalado ou da comparecencia da persoa interesada, de ser o caso.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Expediente, provincia: SANC/28/15. Ref. Bis: 83/15, Pontevedra.

Denunciada: Salnés Val, S.L.

Último enderezo coñecido: Sanxenxo.

Feito denunciado: manter caseta en dominio público e maleza invadindo o foxo.

Estrada: PO-308.

Resolución: sancionadora.

Expediente, provincia: SANC/20/15. Ref. Bis: 86/15, Pontevedra.

Denunciada: FL Sistemas de Comunicación.

Último enderezo coñecido: Pontevedra.

Feito denunciado: abandono de vehículo na estrada.

Estrada: PO-551.

Resolución: sancionadora.