Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14059

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 7 de abril de 2016 polo que se notifica a liquidación dos contratos privados de representación artística asinados ao abeiro da programación da Rede galega de salas 2015, con data do 19 de decembro de 2014, e ao abeiro de Cultura no Camiño 2015, con data do 10 de abril de 2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Pinga Teatro, S.L., á cal non se lle puido facer por correo certificado, a liquidación dos contratos privados de representación artística asinados ao abeiro da programación da Rede Galega de Salas 2015, con data do 19 de decembro de 2014 e ao abeiro de Cultura no Camiño 2015, con data do 10 de abril de 2015, ditada pola Dirección da Agadic con data do 14 de marzo de 2016. A notificación efectuarase por anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Departamento de Xestión da Agadic, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e a constancia de tal coñecemento.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Interesada: Pinga Teatro, S.L.

Último enderezo coñecido: r/ Urzáiz, nº 92, 5º A, dereita, 36204 Vigo.

Acto notificado: liquidación do contrato.