Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14060

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 7 de abril de 2016 polo que se notifican os acordos de inicio de procedementos de reintegro de subvencións.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselle a Galería Bacelos, S.L.U., á cal non se lle puido facer por correo certificado, os acordos de inicio de tres procedementos de reintegro de subvenciones, ditados pola Dirección da Agadic con data do 16 de marzo de 2016. A notificación efectuarase por anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, logo da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da Lei 30/1992, os actos non se publican na súa integridade, fáiselle saber á interesada que poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Agadic, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro dos mencionados acordos e a constancia de tal coñecemento.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen terse efectuado a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte ao da publicación.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Interesada: Galería Bacelos, S.L.U.

Último enderezo coñecido: rúa Progreso, 3 baixo, 36203 Vigo (Pontevedra).

Resolución notificada: acordos de inicio de reintegro de subvencións:

Nº de expediente: CT402C2015DI/006.

Nº de expediente: CT402C2015DI/111.

Nº de expediente: CT402C2015DI/112.