Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14028

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2016 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, suxeito a regulación harmonizada, do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Produtos de Galicia: a calidade como valor de referencia para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos de alimentación (expediente 16/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria Produtos de Galicia: a calidade como valor de referencia para a promoción, sensibilización, comercialización e venda de produtos de alimentación.

c) División por lotes e número: si, dous.

d) Prazo de execución: lote 1: a duración do servizo estenderase desde o día seguinte ao da sinatura do contrato, ata o 15 de decembro de 2016.

A empresa adxudicataria deste lote deberá entregar unha versión final das pezas ofertadas conforme o establecido no punto 4 do PPT, nun prazo de 15 días naturais desde a sinatura do contrato.

No lote 2: a duración do servizo estenderase desde o momento posterior á entrega das pezas necesarias polo adxudicatario do lote 1, ata o 31 de decembro de 2016.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 79341000-6 e 79341400.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 694.580,08 €; IVE (21 %): 145.861,82 €. Importe total: 840.441,90 €.

Valor estimado: 694.580,08 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe. Segundo as epígrafes J e K da portada (exceptúase a súa acreditación se conta con clasificación no grupo T, subgrupo 1, categoría 1 –equivalente á categoría A do Real decreto 1098/2001– para o lote 1; no grupo T, subgrupo 1, categoría 4 –equivalente á categoría D do Real decreto 1098/2001– para o lote 2 (ou para ambos os lotes).

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional segundo o disposto nas epígrafes J e K da portada.

7. Garantía exixida. Definitiva: lote 1: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE. Lote 2: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE (32.869,5 €).

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 981 54 57 38 (consultas administrativas); 981 55 72 41 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24203

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o 6 de maio de 2016.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a Oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 18 de maio de 2016. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/dos adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de marzo de 2016.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural