Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2016 pola que se anuncia a contratación por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e con tramitación ordinaria, da prestación dun servizo de cinco (5) avións destinados á prevención e defensa contra os incendios forestais e á prevención, vixilancia e coordinación durante os anos 2016, 2017 e 2018 (proposta 5/16-I) (expediente 18/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de cinco (5) avións destinados á prevención e defensa contra os incendios forestais e á prevención, vixilancia e coordinación durante os anos 2016, 2017 e 2018, proposta 5/16-I.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: a execución do contrato desenvolverase nas campañas das anualidades 2016 e 2017 e nas precampañas das anualidades 2017 e 2018, de acordo co establecido no PPT, unha vez formalizado o correspondente contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 60442000-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria; aberto, suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: os recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

Importe total: 2.218.128,56 € (exento de IVE), cuxa distribución por anualidades é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Valor estimado: 2.814.048,56 € (incluídas posibles ampliacións).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo as alíneas J e K da carátula (admítese a clasificación: grupo R, subgrupo 6, categoría 5 para acreditar a solvencia).

7. Garantía exixida. Definitiva: 110.906,43 € (5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: edificio posterior dereito nº 4, San Caetano, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 61 30 e 981 54 60 64 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o 6 de maio de 2016, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet, no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24749

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 6 de maio de 2016.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 16 de maio de 2016.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións: establécese como condición especial de execución que, con anterioridade a cada incorporación, a empresa contratista dispoña das pólizas de seguros coas coberturas estipuladas no punto 12 do PPT.

13. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 28 de marzo de 2016.

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2016

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural