Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 2016/010-1).

Nº de expediente: IN407A 2016/010-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMTS e CT Galeras (expediente 7269).

Concello: Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, con orixe na LMTS existente entre o CT Galeras (expediente 7269) e o CT Galiven (expediente 151/94), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña do CT/CR proxectado.

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, con orixe na LMTS existente entre o CT Galeras (expediente 7269) e a subestación San Caetano, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña do CT/CR proxectado.

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 3), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, con orixe na LMTS existente entre o CT Galeras (expediente 7269) e o CT Casas Novas (expediente 21103), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña do CT/CR proxectado.

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 4), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, con orixe na LMTS existente entre o CT Galeras (expediente 7269) e o CT Ribeira de San Lourenzo (expediente 302/01), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña do CT/CR proxectado.

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 5), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,016 km, con orixe na LMTS existente entre o CT Galeras (expediente 7269) e o CT Vidán (expediente 29417), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña do CT/CR proxectado.

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 6), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,045 km, con orixe na LMTS existente entre o CT Galeras (expediente 7269) e o CT Galeras, 34 (expediente 140/04), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña do CT/CR proxectado.

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 7), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,045 km, con orixe na LMTS existente entre o CT Galeras (expediente 7269) e o CT San Clemente (expediente 24525), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña do CT/CR proxectado.

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 8), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,045 km, con orixe na LMTS existente entre o CT Galeras (expediente 7269) e o CT Rúa das Hortas, nº 7A (expediente 394/04), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña do CT/CR proxectado.

Liña de media tensión subterránea (actuación nº 9), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,045 km, con orixe na LMTS existente entre o CT Galeras (expediente 7269) e o CT Oblatas, nº 18 (expediente 17/04), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en cela de liña do CT/CR proxectado.

Centro de transformación/repartición, non prefabricado, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 14 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña