De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e doutras medidas de reforma administrativa, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron acordados pola Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e pola instrutora do procedemento sancionador.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A sede da Xefatura Territorial é na rolda da Muralla nº 70-2º (Lugo).
O prazo para realizar a comparecencia será de dez días. Ese prazo comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que se publique esta notificación no Boletín Oficial del Estado.
A eficacia da notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado. Unha vez transcorrido o prazo de dez días desde a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da dita publicación.
Lugo, 28 de marzo de 2016
O/a xefe/a territorial de Lugo
P.S. (Resolución do 8.2.2016)
Carlos Vila Pérez
Xefe territorial de Lugo da Consellería de Infraestruturas e Vivenda
ANEXO
Expediente |
Interesado/a |
Acto notificado |
LU-RES 2015/190 |
Maprimetal 2000, S.L. |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
LU-RES 2015/192 |
Biocarburantes de Galicia, S.L. |
Proposta de resolución de procedemento sancionador |
LU-RES 2016/033 |
Gheorghe Roua |
Comunicación de incoación |