Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13782

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (1305/2015 MCR).

Tipo e número de recurso: RSU suplicación 1305/2015 MCR

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 328/2013. Xuzgado do Social número 5 de Vigo

Recorrentes: Alfonso Lorenzo Núñez

Avogada: María del Carmen Calvo Moya

Procuradora: Patricia Berea Ruiz

Recorridos: Axa Aurora Ibérica Sdad. A. de Seguros y Reas., S.A., Gándara Censa, S.A.L., Mutua de Riesgo Marítimo Sociedad de Seguros A Prima Fija (Murimar), Rafael Chaos

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1305/2015 MCR desta sección, seguido por instancia de Alfonso Lorenzo Núñez contra Axa Aurora Ibérica Sdad. A. de Seguros y Reas., S.A., Gándara Censa, S.A.L., Mutua de Riesgo Marítimo Sociedade de Seguros a Prima Fixa (Murimar), Rafael Chaos sobre outros dtos. Seg. Social, foi ditada resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Estimamos en parte o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Alfonso Lorenzo Núñez contra a sentenza do Xulgado do Social número 5 de Vigo, do 23 de decembro de 2014, en autos nº 328/2013, que revogamos no sentido de fixar a indemnización obxecto de condena en doce mil oitocentos cinco euros con trinta céntimos (12.805,30 €) e que confirmamos nos seus restantes pronunciamentos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Rafael Chaos, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza