Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2016/143-1).

Expediente: IN407A 2016/143-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: subestación Eirís 220/15 kV. Ampliación celas 15 kV.

Concello: A Coruña.

Características técnicas:

Tres novas posicións de liña de 15 kV.

Cada unha das tres novas celas de protección de liña está equipada cos seguintes elementos:

– 1 dobre xogo de barras principais de 2.000 A, 25 kA.

– 1 dobre xogo de barras de 1.250 A, derivación do xogo de barras principais.

– 1 seccionador tripolar de barras A, de 1.250 A, 25 kA, con accionamento por motor e con tres posicións (pechado, aberto e a terra).

– 1 seccionador tripolar para conexión a barras B, 1.250 A, 25 kA.

– 1 interruptor tripolar de corte en baleiro de 1.250 A, 25 kA, con accionamento por resortes cargados a motor.

– 3 tranformadores de intensidade, relación de transformación 200-400/5-5 A e potencias e clases de precisión 5-10 VA cl 0,2s e 7,5-15 VA 5P20.

– 1 tranformador toroidal de intensidade, protección de neutro illado, relación de transformación 50/1 A.

– 3 conectores enchufables en T para conexión de cable unipolar de illamento seco de sección 240 mm2.

– 1 sistema de indicación de presenza de tensión en liña por acoplamento capacitativo.

Cada cela de liña conéctase mediante cables de illamento en seco 12/20 kV con conectores enchufables illados. Os cables son de aluminio de 240 mm2 de sección, cun só condutor por fase.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 17 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña