Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13766

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de abril de 2016 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xuño de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo C2 (promoción interna)

• Tribunal titular:

Presidencia:

– Mercedes Cardelle Espasandín, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– José Andrés Freire Dapena, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

Vogais:

– Jesús Pereiro Mallo, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala técnica auxiliar de informática.

– Irene Sesar Ignacio, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– Lucía Portela Silva, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– Pedro Adolfo Barreiro Abal, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de xestión de sistemas de informática.

Secretaría:

– Laura Suárez Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Pablo Ferreiro Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información.

– María Dolores Méndez Torres, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– María Lorena Antelo Romero, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.