Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13769

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 11 de abril de 2016 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xuño de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015, publicada no Diario Oficial de Galicia número 220, do 18 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases da dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO
Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma
de Galicia, subgrupo C1 (promoción interna)

• Tribunal titular:

Presidencia:

– María Dolores Veiga Gondelle, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Secretaría:

– José Antonio Cotelo Veira, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

Vogais:

– Marcos Vázquez Fernández, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– Jorge Rubén Sampedro Grande, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– José Carlos Fagín Taboada, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

• Tribunal suplente:

Presidencia:

– Silvia Negreira Vidal, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– Mónica Carrera López, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Natalia Vaamonde Mansilla, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– Patricia Rodríguez Roiloa, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Ángela María Viqueira Allo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.