O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 25 de febreiro de 2016, resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva expediente (IU3/92/2011-B1), como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 23 de de maio de 2012, en que se lle ordena a demolición das obras consistentes na construción dunha edificación destinada a uso residencia, sita no lugar de Vilasante, Fontao, no termo municipal de Sarria, provincia de Lugo, por ser incompatibles co ordenamento xurídico vixente.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Ángel Romero Rodríguez García, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución, por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección de la Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, o interesado pode interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel no que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016
José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística