Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 30 de marzo de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-01213-O-2015 e tres máis).

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución dos expedientes sancionadores número PO-01213-O-2015 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, nº 2, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

PO-01213-O-2015

9515-FPT

Garda Civil 3603 U36333E

Distribuciones Marmel, C.B.

E27744614

r/ Barrio Peinador, nº 58 D (Peinador)

36417 Vigo (Pontevedra)

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

12.2.2015; 4.26; AP-9BT; 0,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 €

PO-01705-S-2015

5554-HMS

Policía Municipal 294522

Diego Requejo González

53186065Z

Avenida Fragoso, nº 70, 2º E

36210 Vigo (Pontevedra)

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

16.2.2015; 12.00; r/ Purificación Saavedra Sentido, r/ Sanjurjo Badía

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) LOTT

801 €

XC-03487-O-2015

8667-GYF

Garda Civil 1501 I92933X

José Luis Camaras Areas

76819570F

Rúa Lisboa, nº 12, 2º C

15707 Santiago de Compostela (A Coruña)

Diminución do descanso diario normal en máis dunha hora (sobre 11 horas). Máis de 8 horas e 30 minutos e inferior a 10 horas.

7.7.2015; 18.26; N-550; 41,2

Art. 141.24.4 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 €

XC-03490-O-2015

8667-GYF

Garda Civil 1501 I92933X

José Luis Camaras Areas

76819570F

Rúa Lisboa, nº 12, 2º C

15707 Santiago de Compostela (A Coruña)

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen superar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas

7.7.2015; 18.26; N-550; 41,2

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 €