Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 22 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á persoa interesada o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-001/16.

De conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícase á persoa interesada o requirimento de pagamento que se detalla no anexo. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do BOE.

Pontevedra, 22 de marzo de 2016

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-001/16.

Nome: Óscar Fabián Osorio González.

Enderezo: Poboado mineiro do Fontao, bloque 8, vivenda 8, alt. L-D, 36599 Vila de Cruces, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Débeda: 8.237,92 €.

Indicación do contido: de acordo co artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia, requirímolo para o pagamento de 77 recibos de alugamento por un importe total de 8.001,07 € e dous recibos do IBI por importe de 103,19 € e 133,66 €, relativos á vivenda que teñen adxudicada en réxime de alugamento e correspondentes ao período comprendido entre o 1.10.2006 e o 1.3.2016, ambos os dous incluídos.

Concédeselle un prazo de quince (15) días hábiles para que se poña ao día nas súas obrigas procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Abanca, ou se presente en trámite de audiencia nesta área provincial co fin de achegar os documentos ou xustificacións que considere convenientes.

Advertímolo de que, no caso de non atender este requirimento, se procederá á resolución do contrato co conseguinte lanzamento para a súa posterior adxudicación a outros beneficiarios.