Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13372

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 30 de marzo de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00488-O-2015 e tres máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-00488-O-2015 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5 A, 2º, Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00488-O-2015

4108-FLR

Garda Civil 2700 T95526U

Congelados A Campiña, S.L.

B27205954

Silvarrei, s/n

27150 Outeiro de Rei (Lugo)

A utilización do tacógrafo sen realizar a súa calibración ou revisión periódica nos prazos e forma establecidos.

3.3.2015; 17.23; CG-2.2; 13

Art. 140.34 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 €

PO-02066-O-2015

5136-DHX

Garda Civil 3601 N04453S

Pycflorga, S.L.

B36214526

Bo da Pedra

36740 Tomiño (Pontevedra)

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

24.3.2015; 7.43; N-550; 137,5

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 €

XC-02876-O-2015

2959-GRT

Garda Civil 1504 H74822F

Carmen Aldrey Piñeiro y Otros, S.C.

J15425044

Luou-Nespereira

15886 Teo (A Coruña)

Diminución do descanso diario fraccionado en máis de 2 horas (sobre 3+9 horas). Igual ou superior a 6 horas e inferior a 7 horas

21.5.2015; 1.34; AG-11; 39,5

Art. 140.37.5 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 €

XC-03455-O-2015

C-3762-AV

Garda Civil 1504 I54077K

Francisco Benigno Abad Valiño

78786004X

Lugar A Anuqueira, nº 7

15318 Codesoso, Sobrado (A Coruña)

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

1.7.2015; 5.10; N-550; 58,3

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 €