Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13374

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 30 de marzo de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente LU-00482-O-2015 e once máis).

A persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade ditou a resolución dos expedientes sancionadores número LU-00482-O-2015 e once máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

LU-00482-O-2015

C-3133-BC

Garda Civil 2704 B21919V

Dahlia Nerine, S.L.

B66154683

Praza/Galeguidade (da), 00003 B,

27836 Muras, Lugo

A realización de transporte ao abeiro de autorizacións de transporte privado complementario de servizos que non cumpren algunha das condicións do art. 102.2 LOTT.

3.2.2015; 21.44; LU-861; 0,1

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

LU-00525-I-2015

Obstrución

Axente de inspección LU/005

Corredor Mensajeros, S.L.

B83813139

R/ Alondra, 12,

28609 Sevilla La Nuevas,

Madrid

A negativa ou obstrución á actuación dos servizos de inspección que imposibiliten total ou parcialmente o exercicio das funcións que legal ou regulamentariamente teñan atribuídas.

10.3.2015; 12.00;

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

OU-00630-O-2015

0896-FWS

Garda Civil 3203 V46236Y

Serenotrans, S.L.

B73115396

Lorca, 14, 30153 Murcia

Realizar transporte público de mercadorías carecendo de título habilitante.

28.4.2015; 12.37; A-52; 160,0

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

OU-00647-O-2015

4047-HFX

Garda Civil 3202 S11089P

Cárnicas Orense, S.L.

B27180058

Carud, 139,

27400 Monforte de Lemos,

Lugo

Realizar transporte privado de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP.

8.4.2015; 19.21; N-120; 461,0

Art. 140.18 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

OU-00670-O-2015

3442-FZS

Garda Civil 3203 L24919Z

Horminorsa, S.L.

B70166376

Trva. de Cacheiras, 24-2,

15883 Teo,

A Coruña

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

7.5.2015; 17.45; N-525; 130

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

OU-00950-O-2015

6057-FWG

Garda Civil 3203 B38216U

Izu Hacha Mohamed

X6663644S

Paseo de los Naranjos, 90,

10614 Valdastillas, Cáceres

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 31 %.

28.5.2015; 12.31; A-52; 202

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

3.200 euros

PO-00651-O-2015

4510-FFB

Garda Civil 3601 Q92637T

Marconsa Grupo Empresarial, S.L.

B36329910

Lg. Ande, s/n, Rubiáns,

36619 Vilagarcía de Arousa,

Pontevedra

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

18.12.2014; 08.44; PO-531; 4,6

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-00901-O-2015

Z-6892-BF

Garda Civil 3601 Q92637T

Galiavents, S.L.

B94104619

Dolores Mosquera, 10,

36654 Caldas de Reis,

Pontevedra

A carencia a bordo do vehículo das follas de rexistro dos tempos de condución e descanso xa utilizadas ou dos documentos de impresión que resulte obrigatorio levar, con independencia do tipo de tacógrafo, analóxico ou dixital, que se estea utilizando.

2.1.2015; 15.42; N-550; 116,0

Art. 140.35 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT

1.001 euros

PO-01158-O-2015

6554-CVB

Garda Civil 3601 Y76740V

Transportes Inmediatos Personalizados, S.L.

B36231942

Políg. ind. del Rebullón,

nave 54 C,

36416 Mos,

Pontevedra

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

19.2.2015; 11.27; N-550; 126,0

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros

PO-01885-O-2015

2028-DYB

Garda Civil 3601 Y76740V

Portavehículos Mayo, S.L.

B70024203

Montaña-Lampón, 10,

15930 Boiro,

A Coruña

Non levar inserida no tacógrafo o cartón de condutor ou a folla de rexistro dos tempos de condución e descanso, cando iso resulte exixible ou facelo de forma incorrecta. Ou non efectuar os documentos impresos ao comezo e á finalización da viaxe nos supostos de deterioración ou mal funcionamento do cartón de condutor ou no caso de que esta non obre en poder seu.

2.3.2015; 18.35; PO-548; 9,5

Art. 140.22 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

2.001 euros

PO-01889-O-2015

9527-CDF

Garda Civil 3601 K82210V

Frigoríficos Sete Pías, S.L.

B36530749

Políg. Ind. Sete Pías, 24,

36630 Cambados,

Pontevedra

Realizar transporte público ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa tivese perdido a súa validez.

2.3.2015; 12.28; AG-41; 7,5

Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-02271-S-2015

PO-5041-BH

Policía Municipal 294477

Lima dos Distribuciones, C.B.

E27766534

Avda. Rebullón, nº 86 C,

Mos,

Pontevedra

O exceso igual ou superior ao 25 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 35 %.

25.3.2015; 09.28; Avda. Madrid-Gandarón

Art. 140.23 LOTT

Art. 143.1.h) LOTT

4.000 euros