Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2016 pola que se anuncia a licitación para a contratación non suxeita a regulación harmonizada da obra do proxecto básico e de execución para a adaptación como albergue de peregrinos dun inmoble sito na rúa Barreira número 12, no concello de Ourense, tramitado polo procedemento aberto, con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

Tipo de contrato: obra.

Descrición do obxecto: rehabilitación dun edificio histórico en estado de abandono no concello de Ourense para o seu uso como albergue de peregrinos, situando nel todas as dependencias necesarias para o seu uso correcto, tales como salas de estar, cociña, salas de dormitorios cunha capacidade para 50 prazas ou liteiras, cuartos de duchas e aseos e zonas de lavandaría e almacén de mochilas, ademais dos espazos servidores destes, tales como cuartos de instalacións, control e despacho.

Prazo de execución: dezasete (17) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 600.457,92 €.

IVE (21 %): 126.096,16 €.

Importe total: 726.554,08 €.

5. Garantías:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas da obra poderán ser examinados na Área de Contratación da Axencia Turismo de Galicia.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=25612

Información de índole técnica: teléfono 881 99 60 68.

Información de índole administrativa; teléfono 981 54 74 99.

7. Requisitos específicos do contratista:

Non se exixe clasificación como contratista de obras. Pero as empresas que acrediten a súa clasificación no grupo K, subgrupo 7, categoría 3, considerarase esta substitutiva da solvencia económica e financeira, técnica e profesional.

Solvencia económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 9 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na cláusula 10 do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no Rexistro da Axencia Turismo de Galicia, estrada Santiago de Compostela-Noia km 3, 15897 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 13.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Axencia Turismo de Galicia, na data e na hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación á súa realización, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es

10. Gastos do anuncio: por conta da adxudicataria.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia