Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 7 de abril de 2016 pola que se notifica orde de retirada da embarcación Chovin amarrada no porto do Grove.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, se notifica á mercantil Coprupesca, S.L. con derradeiro domicilio coñecido en Pasaje Miláns, nº 58, Hospitalet de Llobregat, Barcelona, orde da zona Sur de Portos de Galicia, do 19 de febreiro de 2016, para proceder a retirar do atraque que ocupa no porto do Grove, a embarcación Chovin, con matrícula 3ª-Vill-4-1791, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

A embarcación deberá de ser retirada do atraque e varada en seco nun prazo máximo de 5 días contados desde a publicación da presente cédula.

A orde se emite por atoparse a embarcación sen actividade e en estado de abandono, e pola recomendación de posta en seco por risco de afundimento que emite Mariña Mercante, con base no establecido no artigo 304 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, que aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

Caso de incumprimento, Portos de Galicia procederá de maneira forzosa a retirar e varar a embarcación, e posteriormente, a súa poxa ou traslado a vertedoiro logo de incautación, pasando a totalidade dos custos xerados ao propietario da embarcación, ao que se lle incoará procedemento administrativo sancionador.

Por razóns de urxencia, estas actuacións poderán ser executadas por Portos de Galicia, cos mesmos efectos sinalados, sen esperar a que transcorra o prazo fixado con anterioridade.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia