Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13163

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4328/2015).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4328/2015 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra Irene Cabanas González, administración concursal de Pescados Juan Fernández, S.L.U., Pescados Juan Fernández, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou, con data do 18 de marzo de 2016, a seguinte resolución:

O anterior escrito, presentado con data do 17 de marzo de 2016, subscrito polo avogado do Estado en nome e representación de Fogasa, únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias.

Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan mediante escrito do letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo, dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala; deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Emprácese a parte contra a cal se recorreu, Pescados Juan Fernández, S.L., por medio do Diario Oficial de Galicia.

Conforme se solicita no primeiro outrosí, expídanse testemuños das sentenzas de contraste invocadas polo recorrente, con nota de firmeza, ditadas pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no RSU 3716/2013, RSU 2029/2014, RSU 2401/2013 e RSU 2747/2015, as cales quedan unidas ás actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese que compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela que a resolución desta sala foi impugnada en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Para que sirva de notificación e emprazamento en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 18 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza