Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13245

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 29 de marzo de 2016 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/019/2016-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na súa repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 7 de febreiro de 2016, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística, consistentes na execución dunha construción con tipoloxía de nave, unha vivenda, construción auxiliar e soleira no Monte da Raposa, lugar de Peiro de Abaixo, no termo municipal de Culleredo, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal deste acordo aos herdeiros de Luis Muíño Gestal, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, faise saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles para alegaren e presentaren os documentos e informacións que consideren pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística