Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13103

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 21 de marzo de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016 (código de procedemento IN201G).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.17, atribúe á nosa Comunidade Autónoma competencias exclusivas en materia de artesanía. A Lei 1/1992, do 11 de marzo, de artesanía de Galicia, establece o marco legal de actuación do sector artesán en virtude das citadas competencias e establece a creación do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, de carácter público e voluntario, como instrumento que permite coñecer a dimensión de cada grupo artesanal e o alcance da acción administrativa circunscrita ao ámbito xeográfico da nosa comunidade.

O Decreto 110/2013, do 4 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, indica que lle corresponde á Dirección Xeral de Comercio a planificación, coordinación e control das competencias da Consellería en materia de artesanía.

A importancia das actividades artesanais en Galicia reside non só nun plano social ou cultural, co cal se adoitan identificar, senón que constitúen actividades con capacidade de xeración de emprego e riqueza desde o punto de vista económico. Abranguen, ademais, unha lista longa de oficios que se traduce nunha oferta produtiva moi diversificada que pode responder de xeito eficaz ás exixentes demandas do mercado actual.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, consciente da importancia social, cultural, patrimonial e económica da artesanía galega, aposta por un sector artesán forte e capaz de adaptarse ás novas tendencias do mercado, motivo polo cal elaborou o Plan de artesanía de Galicia 2014-2016, que ten como obxectivo fundamental o desenvolvemento dunha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector.

O Plan configúrase como unha estratexia específica para a artesanía de Galicia e na súa elaboración contouse coa participación do propio sector que fixo achegas substantivas para sinalar a mellor folla de ruta que se vai seguir. O Plan, ademais de desenvolver liñas de acción concretas para un período de tres anos, recolle unha visión a máis longo prazo, imprescindible para acadar un sector artesanal sólido e sustentable no tempo.

Entre as liñas de acción do Plan destaca o fortalecemento da comercialización da artesanía galega, que require, entre outras actuacións, o acceso a novos mercados, tanto nacionais como internacionais, a apertura a clientes potenciais e a promoción das feiras e de novas canles de comercialización da artesanía.

Cómpre, polo tanto, proceder á convocatoria de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, co obxecto de impulsar accións de promoción comercial a través da participación en feiras e certames, así como a organización de eventos feirais para o fortalecemento da comercialización da artesanía galega a través dos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

A teor do exposto, en virtude das competencias que ten atribuídas a Consellería de Economía, Emprego e Industria en materia de artesanía, no exercicio das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán para o ano 2016.

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2016.

3. Para a concesión destas subvencións destínase un crédito total de 225.000,00 €, que será imputado ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2016:

Aplicación orzamentaria

Importe (€)

Beneficiarios

09.30.751A.770.3

120.000,00 €

Artigo 3, alínea a) do anexo I

09.30.751A.761.3

60.000, 00 €

Artigo 3, alínea c) do anexo I

09.30.751A.781.4

45.000,00 €

Artigo 3, alínea b) do anexo I

Estas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, cando o aumento veña derivado:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

Artigo 2. Solicitudes e prazo de presentación

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

2. Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, Lei 30/1992), utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. No caso de que os solicitantes sexan concellos, a presentación das solicitudes realizarase exclusivamente por vía electrónica.

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro do mes.

Artigo 3. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras, que non poderá ter unha duración superior a cinco meses, contados a partir do día seguinte ao do remate de presentación de solicitudes.

Artigo 4. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código IN201G, poderase obter información na Dirección Xeral de Comercio e na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal) na súa epígrafe de axudas ou www.artesaniadegalicia.xunta.es

b) Na guía de procedementos e servizos da Xunta de Galicia no enderezo:

https://sede.xunta.es

c) Nos teléfonos 981 54 55 99 e 881 99 91 78 da Dirección Xeral de Comercio.

d) Nos teléfonos 881 99 91 71 ou 881 99 91 75 da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

e) Nos enderezos electrónicos cei.dxcomercio@xunta.es e centro.artesania@xunta.es

f) Presencialmente.

Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outro procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012 (desde o resto do Estado: 902 12 00 12).

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 5. Recursos

Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1º. Recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

2º. Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase á persoa titular da Dirección Xeral de Comercio para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento e aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2016

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO I

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e impulso da competitividade do sector artesán (código de procedemento IN201G)

Artigo 1. Obxecto e réxime das subvencións

1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto o fomento e a comercialización da artesanía galega a través do apoio aos obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva. Así mesmo, quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis (agás no caso dos concellos), polo que non poderán exceder dos límites cuantitativos de 200.000 euros nun período de tres anos establecidos no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión da Unión Europea, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

3. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

4. En concreto, considéranse actuacións subvencionables as desenvolvidas por titulares de obradoiros artesanais, concellos galegos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns que a seguir se especifican, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas desde o 1 de xaneiro de 2016 ata a data límite de xustificación establecida no artigo 19, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2015 exixidos para a participación en eventos expositivos do ano 2016 e, se for o caso, os gastos efectivamente realizados e pagados das feiras que teñan lugar entre o 1 de novembro e o 31 de decembro de 2016.

Todos os investimentos deberán estar plenamente realizados, operativos e verificables na data límite de xustificación das actuacións.

1) Para titulares de obradoiros artesanais.

Consideránse actuacións subvencionables:

a) A participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou realizadas no estranxeiro en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 2.000 euros de subvención por certame, impostos excluídos.

b) A participación como expositor en feiras non profesionais de artesanía, fóra do ámbito da Comunidade Autónoma, que se realicen nos mercados nacionais ou internacionais.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por certame, impostos excluídos.

c) A participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en pop ups, corners e showrooms.

A porcentaxe subvencionable acadará o 50 % do investimento superior a 500 euros, cun máximo de 900 euros de subvención por actuación, impostos excluídos.

Son gastos subvencionables os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata, seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira. No caso de actuacións recollidas na alínea a) serán subvencionables ademais os gastos que ocasionen a contratación de servizos de tradución e o transporte internacional do material expositivo.

O importe máximo de subvención, para o conxunto de todas as actuacións subvencionables, non poderá superar os 7.000,00 euros, IVE excluído.

2) Para concellos.

Consideránse actuacións subvencionables a organización e realización de feiras de artesanía:

a) Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional, cun número mínimo de 15 edicións, incluída a edición en curso. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por feira.

b) Feiras non monográficas de distintos oficios cun número mínimo de 5 edicións, incluída a edición en curso. A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento. O importe máximo de subvención será de 3.000 euros por feira se contan cun mínimo dun 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). Para as que non alcancen o 80 % de expositores mencionados, o importe máximo de subvención será de 1.500 euros por feira.

Son gastos subvencionables a infraestrutura, servizos propiamente feirais e publicidade que cumpran co establecido no artigo 3 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas (en diante, Decreto 193/2011).

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000 euros.

3) Para asociacións profesionais e empresariais de artesáns.

Considéranse actuacións subvencionables:

a) Organización de feiras de artesanía no ámbito da Comunidade Autónoma de distintos oficios cun número mínimo de 15 edicións, incluída a edición en curso, e que conten cun mínimo dun 80 % de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns). A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento cun máximo de 15.000 euros de subvención por certame.

Son gastos subvencionables a infraestrutura, os servizos propiamente feirais e a publicidade.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 30.000 euros.

b) Participación como expositor en feiras profesionais nacionais ou realizadas no estranxeiro en que non se realiza venda directa con retirada de mercadoría.

A porcentaxe subvencionable acadará o 80 % do investimento, cun máximo de 7.000 euros de subvención por feira.

Son gastos subvencionables os que ocasione o alugamento do espazo expositivo que se contrata, os seguros e aqueles servizos de carácter básico e obrigatorios sinalados polo regulamento da feira, así como os gastos que ocasionen a contratación de servizos de tradución e o transporte internacional do material expositivo.

O importe máximo de subvención para o conxunto de todas as actuacións subvencionables non poderá superar os 15.000 euros.

5. Actuacións e gastos non subvencionables:

a) Gastos derivados da participación en feiras: construción das casetas, seguros non obrigatorios, vixilancia, contratación de persoal de atención ao público, de intérpretes (coas excepcións recollidas nos puntos anteriores), axudas de custo de manutención, desprazamentos, aloxamento e publicacións.

b) Organización e realización de feiras: gastos derivados de seguros non obrigatorios, axudas de custo de manutención, desprazamentos e aloxamento, regalos promocionais e a realización de cócteles e actos análogos, gastos de persoal propio da entidade de que se trate, así como calquera outro gasto derivado da súa actividade habitual.

c) Organización, realización e participación de feiras de carácter gastronómico e turístico.

d) Os impostos recuperables ou repercutibles polo/a beneficiario/a e os investimentos realizados con fórmulas de arrendamento financeiro.

e) Aquelas que non estean directamente vinculadas coa realización da actuación subvencionable, e/ou directamente relacionada coa cualificación dos obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

Artigo 2. Financiamento e concorrencia

1. Para a concesión destas subvencións destínase un crédito total de 225.000,00 €, que será imputado ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 2016:

09.30.751A.770.3

120.000,00 €

09.30.751A.761.3

60.000,00 €

09.30.751A.781.4

45.000,00 €

2. As ditas aplicacións orzamentarias están financiadas por fondos propios libres.

3. O importe da subvención regulada nesta orde en ningún caso poderá ser de tal contía que, illada ou en concorrencia con outras axudas das distintas administracións ou calquera dos seus entes públicos e privados, nacionais ou internacionais, supere o 100 % do investimento subvencionable.

4. As subvencións previstas nesta orde serán incompatibles con calquera outra das reguladas por esta consellería e entes dependentes, para os mesmos conceptos subvencionables.

Artigo 3. Beneficiarios/as

Poderán ser beneficiarios/as das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nos solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

a) Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, que cumpran o seguinte requisito:

– Figurar o obradoiro artesán inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, terán de prazo ata a data límite de presentación da solicitude de subvención para solicitar a inscrición no dito rexistro.

b) Asociacións profesionais e empresariais de artesáns de Galicia legalmente constituídas que cumpran o seguinte requisito:

– Que, polo menos, 10 dos seus membros figuren inscritos na sección segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

c) Concellos que cumpran o seguinte requisito:

– Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que organicen feiras de artesanía.

Artigo 4. Solicitudes

1. As solicitudes para participar no procedemento de concesión das subvencións presentaranse na forma e no prazo que se indica na convocatoria.

2. Xunto coa solicitude, anexo II, deberá presentarse a documentación que se refiere a continuación.

2.1. Documentación xurídico-administrativa da entidade solicitante, orixinal ou copia compulsada, que deberá estar en vigor:

Titulares de obradoiros artesanais:

– Se é unha persoa física: só no caso de non autorizar a súa verificación, documento nacional de identidade ou número de identificación de estranxeiro ou, se é o caso, do seu representante.

– No caso de persoa xurídica:

– Só se terá que presentar no caso de que se denegue expresamente a súa consulta, número de identificación fiscal.

– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

– Só no caso de que se denegue expresamente a súa consulta, documento nacional de identidade e documento acreditativo de poder suficiente para actuar ante a Administración do representante legal da entidade solicitante.

– No caso de comunidades de bens:

– Só se terá que presentar no caso de que se denegue expresamente a súa consulta, número de identificación fiscal.

– Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se é o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención.

– Deberán constar expresamente (anexo IV) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse un representante único da agrupación, con poder suficiente para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

Asociacións profesionais e empresariais de artesáns:

– Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se é o caso, acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente e, só no caso de non autorizar a súa verificación, o número de identificación fiscal.

– Poder suficiente de quen represente a entidade solicitante, acompañado do seu documento nacional de identidade, só no caso de non autorizar a súa verificación.

– Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da asociación profesional e/ou empresarial de artesáns, que acredite a relación de asociados que a integran, con indicación do seu NIF correspondente.

– No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa da mencionada exención.

Concellos:

Xustificar que se atopa ao día na rendición de contas xerais diante do Consello de Contas de Galicia, de acordo co previsto no artigo 4.1 do Decreto 193/2011.

2.2. Certificacións emitidas polos organismos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, no caso de ter iniciada a actividade.

As certificacións indicadas só deben presentarse no caso de que a entidade solicitante denegue expresamente a autorización ao órgano xestor para que a solicite de oficio. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o devandito documento sen compulsar.

2.3. Documentación xustificativa. Memoria de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención, que incluirá a súa descrición, obxectivos e valoración das actuacións que se pretenden executar.

2.4. Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas polo solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto, nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel.

2.5. Para a participación nos eventos feirais, folla de solicitude de espazo da feira onde se especifiquen os servizos contratados e, así mesmo, no caso de certames e feiras non profesionais de artesanía, certificación dunha asociación profesional de artesáns de Galicia acreditativa da solvencia do evento respecto do seu arraigamento e indubidable interese comercial.

2.6. Para a organización de feiras promovidas polos concellos e asociacións profesionais e empresariais de artesáns:

i) Memoria explicativa do evento en que consten os seguintes aspectos: datas de realización, horario e lugar; número de edición, relación de expositores e de obradoiros artesáns en que se indicará o NIF do obradoiro ou, se é o caso, do seu responsable para os efectos da súa consulta no RXAG; relación de oficios convocados (segundo o anexo V). Só no caso de feiras promovidas polas asociacións profesionais e empresariais de artesáns, a este anexo xuntarase un informe da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

ii) Bosquexo do recinto feiral; infraestrutura do recinto cos servizos con que conta e características dos postos; campaña publicitaria que se realice para a difusión do evento e calquera outro aspecto relacionado co evento.

2.7. Para a participación como expositor en accións comerciais emerxentes de carácter temporal e presentación de produtos en pop ups, corners e showrooms, memoria explicativa en que consten a infraestructura do posto, se é o caso, os días de presentación, o horario e o lugar de realización e identificación da entidade organizadora.

2.8. Para os efectos sinalados no artigo 10 destas bases, achegarase, se é o caso, a seguinte documentación que en ningún caso será obxecto de requirimento:

– Certificado/s da/s entidade/s bancaria/s onde figure que a persoa solicitante posúe medios de pagamento electrónicos.

– Acreditación da participación e/ou organización de cursos de formación nos últimos doce meses anteriores á data do inicio da presentación da solicitude desta convocatoria.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

Artigo 5. Consentimento e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen más de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007. Non obstante, a persoa solicitante poderá denegar expresamente o consentimento e, entón, debe presentar a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 6. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación de solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades» cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a lopd.industria@xunta.es

De acordo co artigo 20.4 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a cesión de datos de carácter persoal que deba efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado non requirirá o consentimento do afectado. Neste ámbito non será de aplicación o disposto no número 1 do artigo 21 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Artigo 7. Órganos competentes

A Dirección Xeral de Comercio será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención, así como para realizar a proposta de resolución ao conselleiro, e corresponde ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria ditar a resolución que corresponda, sen prexuízo da delegación noutros órganos.

Artigo 8. Instrución dos procedementos

1. De conformidade co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras ou na correspondente convocatoria, requirirase a persoa interesada para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou presente os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se terá por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución, que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

2. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que subministre cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, de acordo co establecido no artigo seguinte.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, na cal se indicarán as causas desta.

Artigo 9. Comisión de valoración

1. A comisión de avaliación será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo seguinte, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos/ás interesados/as.

2. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

Presidencia: a persoa titular da Subdirección Xeral de Comercio.

Vogais:

– O xefe do Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía.

– Un/unha xefe/a de sección da Dirección Xeral de Comercio.

– Secretaría: un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Comercio.

Se por causa xustificada, no momento en que a comisión de avaliación teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non pode asistir, será substituída pola persoa que para o efecto designe o órgano competente para resolver.

3. Na proposta de concesión que formule a comisión figurarán de forma individualizada os/as solicitantes propostos/as para obter a subvención e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos no artigo seguinte. Así mesmo, indicarase o importe da subvención para cada un deles/as ata esgotar o crédito dispoñible.

4. O resto das actuacións subvencionables quedará en reserva para seren atendidas ben co crédito que quedase libre de producirse algunha renuncia ou modificación nos proxectos inicialmente subvencionados ben co incremento dos créditos orzamentarios destinados a estas subvencións. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado neste artigo.

Artigo 10. Criterios de valoración

Os criterios de avaliación que servirán de base para a determinación da preferencia na concesión da subvención, serán os seguintes:

Obradoiros artesanais:

1. Feiras profesionais nacionais e realizadas no estranxeiro: asistencia a un certame: 1 punto, asistencia a dous ou máis: 2 puntos.

2. Ser o/a titular do obradoiro artesán/á mozo/a, ata os 35 anos inclusive, ou muller: 2 puntos.

3. Estar adherido o obradoiro ao Sistema arbitral de consumo: 2 puntos.

4. Exercer a actividade nun municipio de menos de 5.000 habitantes: 2 puntos.

5. Posta á disposición dos clientes de medios de pagamento electrónicos: 1 punto.

6. Acreditación da participación en cursos de formación nos últimos doce meses anteriores á data do inicio de presentación de solicitudes desta convocatoria, impartidos ou organizados polas asociacións profesionais de artesáns da Comunidade Autónoma de Galicia ou pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño: 1 punto por asistencia a un curso, 2 puntos por asistencia a dous cursos e 3 puntos por asistencia a tres ou máis cursos.

Concellos:

1. Grao de consolidación da feira:

a) Feiras cun número de entre 5 e 14 edicións, incluída a edición en curso: 1 punto.

b) Feiras cun número de entre 15 e 20 edicións, incluída a edición en curso: 2 puntos.

c) Feiras cun número de entre 21 e 25 edicións, incluída a edición en curso: 3 puntos.

d) Feiras con máis de 25 edicións, incluída a edición en curso: 4 puntos.

2. Número de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns):

a) Feiras cun número de expositores entre 10 e 20: 2 puntos.

b) Feiras cun número de expositores entre 21 e 30: 3 puntos.

c) Feiras cun número de expositores superior a 30: 4 puntos.

3. Feiras que inclúan no seu programa demostración de oficios artesanais en vivo: 2 puntos.

Todos os criterios de valoración se acreditarán mediante declaración responsable do concello (anexo V).

Asociacións profesionais e empresariais de artesáns:

1. Participación en feiras profesionais nacionais e realizadas no estranxeiro: asistencia a un certame: 1 punto, asistencia a dous ou máis: 2 puntos.

2. Grao de consolidación da feira:

a) Feiras cun número de entre 15 e 20 edicións, incluída a edición en curso: 2 puntos.

b) Feiras cun número de entre 21 e 25 edicións, incluída a edición en curso: 3 puntos.

c) Feiras con máis de 25 edicións, incluída a edición en curso: 4 puntos.

3. Número de expositores de produtos artesanais inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia (obradoiros artesáns):

a) Feiras cun número de expositores entre 10 e 20: 2 puntos.

b) Feiras cun número de expositores entre 21 e 30: 3 puntos.

c) Feiras cun número de expositores superior a 30: 4 puntos.

4. Feiras que inclúan no seu programa demostración de oficios artesanais en vivo: 2 puntos.

5. Acreditación da organización de cursos de formación nos últimos doce meses anteriores á data do inicio de presentación de solicitudes desta convocatoria, impartidos ou organizados polas asociacións profesionais de artesáns da Comunidade Autónoma de Galicia, 1 punto por organización dun curso, 2 puntos por dous cursos e 3 puntos por tres ou máis cursos.

Todos os criterios de valoración se acreditarán mediante a correspondente declaración responsable da asociación (anexo V) e informe da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Unha vez esgotado o crédito dispoñible, no caso de que máis dunha solicitude obteña a mesma puntuación, o desempate realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1º. Menor contía do total das subvencións solicitadas.

2º. Participación ou organización de feiras profesionais.

3º. Menor poboación do concello onde se sitúe o obradoiro ou se realice a feira.

Artigo 11. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase de manifesto ás persoas interesadas para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Porén, poderase prescindir do trámite a que se refire o número anterior, cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada.

Artigo 12. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o instrutor formulará a proposta de resolución que se elevará a través do órgano instrutor ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria.

2. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, á vista da proposta, ditará a correspondente resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, a actuación que se subvencionará e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía ou, se é o caso, a causa de denegación.

En ningún caso o importe das subvencións concedidas poderá superar o custo da actividade que desenvolverá a persoa beneficiaria ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable legalmente establecida.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución á persoa interesada será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que se dite resolución expresa, as persoas interesadas poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992.

Nesa notificación comunicarase o importe previsto da axuda, expresado en equivalente bruto de subvención, e o seu carácter de axuda de minimis, en aplicación do Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1).

As resolucións de inadmisión ou desestimación de solicitudes notificaranse individualmente, con indicación das súas causas.

Artigo 13. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente orde de convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición perante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta é expresa, ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 14. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. O órgano competente para a concesión das subvencións poderá acordar a modificación da resolución por instancia da persoa beneficiaria debendo cumprir os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conduta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade da presente orde.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e as circunstancias que motiven a modificación, de concorrer na concesión inicial, non supuxesen a denegación da axuda ou subvención.

3. A persoa beneficiaria deberá solicitar esta modificación mediante instancia dirixida ao conselleiro de Economía, Emprego e Industria, xunto coa documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos sinalados no punto anterior, cun límite de vinte días hábiles antes da data de finalización do prazo de xustificación do investimento subvencionado. No caso dos concellos, poderán solicitar a modificación das características da actividade subvencionada cunha antelación mínima dun mes á data de remate do prazo de realización da actividade (artigo 7.1 do Decreto 193/2011). Non facelo dará lugar á perda da totalidade da subvención na parte afectada pola modificación, sen prexuízo de que tamén poderá implicar a perda da totalidade da subvención concedida no caso de variación substancial do proxecto, e tramitarase, se é o caso, o correspondente procedemento de reintegro.

4. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lle dará audiencia á persoa interesada nos termos previstos no artigo 11 destas bases.

Artigo 15. Aceptación e renuncia

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución de concesión, de conformidade co disposto polo artigo 21.5 da Lei 9/2007, transcorridos dez días hábiles desde a notificación ou publicación da proposta de resolución definitiva desta sen que a persoa interesada comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e, desde ese momento, adquirirá a condición de persoa beneficiaria.

2. A renuncia á subvención, debidamente motivada, poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992.

3. No caso de que se comunicase a renuncia en prazo, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1 da mesma lei.

Artigo 16. Obrigas das persoas beneficiarias

Son obrigas das persoas beneficiarias:

1. Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

2. Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

3. Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o cal se achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

4. Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, especificando aquelas axudas de minimis obtidas, para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 1.2 destas bases. Así mesmo, comunicar a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

5. Acreditar con anterioridade a se ditar a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da comunidade autónoma, na forma que se determine regulamentariamente, e sen prexuízo do establecido na disposición adicional décimo oitava da Lei 30/1992.

Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

6. Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da devandita lei.

7. Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.

Artigo 17. Obrigas específicas de publicidade

Os beneficiarios deberán dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3 da Lei 9/2007. En concreto, as entidades beneficiarias de axudas deberán facer constar o cofinanciamento das actuacións con fondos da Xunta de Galicia. Para estes efectos, a Dirección Xeral de Comercio establecerá as indicacións e instrucións necesarias para dar cumprimento a esta obriga en cada un dos supostos subvencionados.

Artigo 18. Subcontratación

Enténdese que unha persoa beneficiaria subcontrata cando concerta con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúa o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

Será de aplicación o disposto no artigo 27 da Lei 9/2007 e no artigo 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007.

Faise especial indicación de que as persoas ou entidades subcontratadas non poderán estar vinculadas coa entidade solicitante salvo que concorran as seguintes circunstancias:

1ª. Que a contratación se realice de acordo coas condicións normais de mercado.

2ª. Que se solicite e conceda a súa autorización previa (a solicitude de autorización e a súa xustificación presentaranse xunto coa solicitude de subvención).

Artigo 19. Xustificación da subvención

1. O pagamento da subvención quedará condicionado á presentación, nos lugares sinalados no artigo 2 da convocatoria, en orixinal ou copia compulsada, da documentación xustificativa da realización do investimento que fose obxecto de subvención, para o que ten de prazo ata o 31 de outubro de 2016.

2. Documentación xustificativa:

a) Xustificantes dos investimentos: facturas dos provedores e demais documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil e con eficacia administrativa nos termos que se establezan regulamentariamente (importe sen IVE e importe total), en relación cos gastos subvencionables, emitidas dentro do período comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite de xustificación do proxecto.

b) Xustificación dos pagamentos: acreditarase a través de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite da xustificación do proxecto. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento. Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

Así mesmo, non se admitirán como xustificantes os obtidos a través da internet se non están validados pola entidade bancaria ou dispoñen de códigos para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da devandita entidade bancaria.

c) A xustificación de asistencia a feiras farase efectiva mediante a certificación expresa de participación no certame no período prefixado, emitida pola institución ou entidade organizadora.

d) No caso de que o solicitante denegase expresamente a autorización ao órgano xestor, certificacións expedidas polos organismos competentes, acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da comunidade autónoma. Se o certificado dispón de código electrónico de verificación coa Administración pública correspondente, poderá presentarse o dito documento sen compulsar.

e) Anexo III da orde de convocatoria debidamente asinado.

f) Achega da documentación gráfica que acredite o cumprimento da utilización de logos e sinais exixidos para cada unha das axudas concedidas de acordo co artigo 17.

g) Calquera outro documento que se requira na resolución particular de concesión da axuda.

2.1. Para os concellos.

– Certificación do órgano que ten atribuídas as facultades de control da legalidade, acreditativa do cumprimento da normativa de contratación pública vixente na tramitación do procedemento de contratación.

– A xustificación dos gastos efectuarase con facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente e a do pagamento, cos xustificantes das transferencias bancarias ou documentos acreditativos dos pagamentos realizados, dentro do período comprendido entre a data de inicio do proxecto e a data límite de xustificación.

– Certificación da intervención respecto da achega municipal comprometida para financiar o investimento.

– As entidades locais beneficiarias estarán obrigadas a xustificar o cumprimento da finalidade da subvención mediante a presentación dunha conta xustificativa integrada, con carácter xeral, pola documentación que se relaciona nos artigos seguintes, e que incorporará, en todo caso, a certificación da intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a cal foi concedida.

No caso de subvencións destinadas a financiar investimentos, a conta xustificativa conterá:

a) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, co visto e prace do/a alcalde/sa ou presidente/a, relativa á aprobación polo órgano competente da conta xustificativa da subvención en que se faga constar, como mínimo, de forma detallada:

1º. O cumprimento da finalidade da subvención.

2º. Os distintos conceptos e contías correspondentes aos gastos totais soportados pola entidade beneficiaria imputables á actuación subvencionada coa seguinte relación: identificación do/a acredor/a, número de factura ou documento equivalente, certificación da obra, importe, data de emisión e data de recoñecemento da obriga polo órgano competente. Salvo disposición expresa das bases reguladoras, e sen prexuízo do previsto na alínea c) deste mesmo artigo, non será exixible a remisión dos documentos relacionados no artigo 48.2.b) do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

b) Certificado de taxador/a independente debidamente acreditado/a e inscrito/a no correspondente rexistro oficial, no caso de adquisición de bens inmobles.

c) Os documentos acreditativos dos gastos realizados con medios ou recursos propios e a indicación, de ser o caso, dos criterios de repartición dos custos xerais e/ou indirectos incorporados na relación a que se fai referencia na alínea a).

d) Unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada con indicación do importe e a súa procedencia.

e) De ser o caso, os tres orzamentos que se exixen en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os órganos competentes poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes.

3. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen tela presentado, de conformidade co disposto polo artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, requirirase o beneficiario para que, no prazo improrrogable de dez días, a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención e a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas na lei de subvencións. A presentación da xustificación no prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que legalmente correspondan. Os órganos competentes poderán solicitar as aclaracións ou informes relativos á xustificación do investimento que consideren convenientes.

Artigo 20. Pagamento

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, e antes de proceder ao seu pagamento, os órganos competentes da consellería poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. O importe da subvención aboarase nun único pagamento, mediante transferencia bancaria á entidade financeira, ao número de conta designado polo beneficiario.

3. O pagamento realizarase pola parte proporcional da contía da subvención efectivamente xustificada, calculada en función da porcentaxe subvencionada do custo final da actividade sempre que se xustifique un mínimo do 40 % do importe establecido na resolución de concesión. No caso de concorrer con outras axudas, aplicarase o disposto no artigo 2.3 destas bases.

Artigo 21. Incumprimento, reintegros e sancións

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007 ou na demais normativa aplicable, o que dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tidos en conta na concesión das axudas, a Dirección Xeral de Comercio poderá apreciar un incumprimento parcial, e deberá resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro.

Cando se trate de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables e, se é o caso, deberán reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total, e deberán reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

4. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007 e no título VI do seu regulamento.

Artigo 22. Control

1. A Consellería de Economía, Emprego e Industria poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das subvencións.

2. Á parte do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007.

3. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 23. Publicidade

No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na Lei 9/2007; no Regulamento desta lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; na Lei 30/1992; no Decreto 193/2011; no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, e modificado pola Lei 5/2000, do 28 de decembro; na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente na anualidade; no Regulamento (CE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE 24.12.2013, L352/1), e no resto de normativa que resulte de aplicación.

Concellos con menos de 5.000 habitantes
(cifras oficiais da poboación en 1 de xaneiro de 2015)

Fonte: IGE. Padrón municipal de habitantes 2015. Extraído de: htt://www.ige.eu

A Coruña

Aranga

1.997

Baña, A

3.698

Boimorto

2.125

Boqueixón

4.321

Cabana de Bergantiños

4.552

Cabanas

3.299

Capela, A

1.334

Cariño

4.167

Carnota

4.284

Cerdido

1.233

Coirós

1.757

Corcubión

1.655

Curtis

4.015

Dodro

2.882

Dumbría

3.077

Fisterra

4.775

Frades

2.460

Irixoa

1.389

Laxe

3.185

Lousame

3.463

Mañón

1.454

Mazaricos

4.173

Mesía

2.734

Moeche

1.246

Monfero

2.037

Paderne

2.467

Pino, O

4.706

Rois

4.710

San Sadurniño

3.009

Santiso

1.709

Sobrado

1.911

Somozas, As

1.191

Toques

1.213

Tordoia

3.591

Touro

3.778

Trazo

3.263

Val do Dubra

4.033

Vilarmaior

1.233

Vilasantar

1.280

Zas

4.846

Lugo

Abadín

2.612

Alfoz

1.846

Antas de Ulla

2.109

Baleira

1.380

Baralla

2.724

Barreiros

3.021

Becerreá

2.987

Begonte

3.160

Bóveda

1.545

Carballedo

2.351

Castroverde

2.802

Cervantes

1.487

Cervo

4.336

Corgo, O

3.646

Cospeito

4.827

Folgoso do Courel

1.089

Fonsagrada, A

3.838

Friol

3.942

Guntín

2.881

Incio, O

1.777

Láncara

2.764

Lourenzá

2.301

Meira

1.749

Mondoñedo

3.876

Monterroso

3.778

Muras

684

Navia de Suarna

1.211

Negueira de Muñiz

214

Nogais, As

1.191

Ourol

1.055

Palas de Rei

3.588

Pantón

2.674

Paradela

1.934

Páramo, O

1.474

Pastoriza, A

3.274

Pedrafita do Cebreiro

1.119

Pobra do Brollón, A

1.794

Pol

1.732

Pontenova, A

2.470

Portomarín

1.557

Quiroga

3.424

Rábade

1.549

Ribas de Sil

1.001

Ribeira de Piquín

580

Riotorto

1.364

Samos

1.425

Saviñao, O

4.056

Sober

2.400

Taboada

3.032

Trabada

1.178

Triacastela

699

Valadouro, O

2.048

Vicedo, O

1.820

Xermade

1.985

Xove

3.424

Ourense

Amoeiro

2.245

Arnoia, A

1.040

Avión

1.962

Baltar

1.002

Bande

1.735

Baños de Molgas

1.658

Beade

451

Beariz

1.016

Blancos, Os

878

Boborás

2.510

Bola, A

1.339

Bolo, O

988

Calvos de Randín

922

Carballeda de Avia

1.400

Carballeda de Valdeorras

1.698

Cartelle

2.852

Castrelo de Miño

1.556

Castrelo do Val

1.079

Castro Caldelas

1.351

Cenlle

1.189

Chandrexa de Queixa

528

Coles

3.168

Cortegada

1.184

Cualedro

1.840

Entrimo

1.251

Esgos

1.220

Gomesende

829

Gudiña, A

1.392

Irixo, O

1.600

Larouco

526

Laza

1.424

Leiro

1.630

Lobeira

813

Lobios

1.988

Maceda

2.957

Manzaneda

975

Maside

2.879

Melón

1.293

Merca, A

2.021

Mezquita, A

1.109

Montederramo

807

Monterrei

2.758

Muíños

1.622

Nogueira de Ramuín

2.124

Oímbra

2.020

Paderne de Allariz

1.486

Padrenda

1.912

Parada de Sil

605

Peroxa, A

2.038

Petín

953

Piñor

1.232

Pobra de Trives, A

2.245

Pontedeva

600

Porqueira

901

Punxín

760

Quintela de Leirado

629

Rairiz de Veiga

1.430

Ramirás

1.607

Riós

1.683

Rúa, A

4.595

Rubiá

1.473

San Amaro

1.170

San Cristovo de Cea

2.346

San Xoán de Río

600

Sandiás

1.307

Sarreaus

1.283

Taboadela

1.514

Teixeira, A

378

Toén

2.426

Trasmiras

1.410

Veiga, A

946

Verea

1.042

Viana do Bolo

3.037

Vilamarín

2.026

Vilamartín de Valdeorras

1.798

Vilar de Barrio

1.455

Vilar de Santos

894

Vilardevós

2.170

Vilariño de Conso

615

Xunqueira de Ambía

1.498

Xunqueira de Espadanedo

818

Pontevedra

Agolada

2.585

Arbo

2.846

Barro

3.726

Campo Lameiro

1.931

Catoira

3.368

Cerdedo

1.828

Cotobade

4.332

Covelo

2.617

Crecente

2.252

Cuntis

4.878

Dozón

1.174

Forcarei

3.683

Fornelos de Montes

1.794

Illa de Arousa, A

4.956

Lama, A

2.670

Mondariz

4.665

Mondariz-Balneario

652

Moraña

4.358

Neves, As

4.066

Oia

3.008

Pazos de Borbén

3.067

Pontecesures

3.062

Portas

3.061

Rodeiro

2.700

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file