Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 12949

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2016 pola que se procede á publicación dos requirimentos de emenda das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución do 28 de decembro de 2015 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), publicáronse as bases reguladoras das axudas do Igape para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e procédese á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2016, por trámite anticipado de gasto.

O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido nos artigos 59.6.b) e 60 da Lei 30/1992, este requirimento de emenda se realizará preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitudes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Requirir os solicitantes incluídos no dito anexo para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es, á cal accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co NIF e código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na oficina virtual.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, terase por desistido na súa petición o solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2016

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO
Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. expediente

Titular do expediente

NIF

IG208.2016.1.2

Bioga. Clúster Tecnológico Empresarial das Ciencias

G70259312

IG208.2016.1.3

Ageinco

G36942720

IG208.2016.1.4

Asociación de Adegueiros e Transformadores do Miño

G27292051

IG208.2016.1.5

Agmma (Asociación Gallega de Moldistas, Matriceros y Afines)

G36912962

IG208.2016.1.6

Confederación Empresarial de Ourense

G32012742

IG208.2016.1.7

Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro

G32252587

IG208.2016.1.9

Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga)

G36983575

IG208.2016.1.10

Confederación Empresarial de Lugo

G27019793

IG208.2016.1.11

Ineo

G36969525

IG208.2016.1.13

Asociación Nacional de Criadores de Ganado Vacuno Selecto de Raza Rubia Gallega

G27007061

IG208.2016.1.14

Asociación Clúster Empresarial de Turismo de Galicia (CTG)

G70377338

IG208.2016.1.15

Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego

G70115282

IG208.2016.1.17

Asociación Clúster do Audiovisual Galego

G15891260

IG208.2016.1.18

Fundación CTAG (Centro Tecnológico de Automoción de Galicia)

G36871424

IG208.2016.1.19

Clúster TIC Galicia

G70157581

IG208.2016.1.20

Asociación Galega de Turismo Rural

G36192888

IG208.2016.1.21

Federación Gallega de Asocs. y Gremios de Joyería, Platería y Relojería

G15086366

IG208.2016.1.22

Asociación Clúster del Naval Gallego

G15710338

IG208.2016.1.23

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

IG208.2016.1.24

Asociación Clúster da Alimentación Ecolóxica de Galicia

G27428465

IG208.2016.1.25

Asociación Clúster de la Madera de Galicia

G32290439

IG208.2016.1.26

Confederación Industrias Textiles de Galicia

G36681039

IG208.2016.1.27

Asociación Gallega de Graniteros

G36644961

IG208.2016.1.28

Asociación Clúster Alimentario de Galicia

G27407212

IG208.2016.1.29

Clúster de Pizarra de Galicia

G32405979

IG208.2016.1.30

Clúster del Agua Mineral y Termal de Galicia

G70311568

IG208.2016.1.31

Consello Regulador D.O. Ribeiro

Q8255201I

IG208.2016.1.32

Gremio Provincial de Carniceros y Charcuteros de Ourense

G32015729

IG208.2016.1.33

Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense

G32111882

IG208.2016.1.34

Asociación de Empresarios do Couto

G32380065

IG208.2016.1.35

Agrupación Innovadora Clúster de la Carne de Galicia

G32432221

IG208.2016.1.36

Consello Regulador Rías Baixas

Q8655030H

IG208.2016.1.37

Asoc. Pequenas Empresas Exportadoras Produtoras do Agro-Mar

G70479852

IG208.2016.1.38

Asociación Ruta do Viño Rías Baixas

G36597201