Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 12986

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1016/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1016/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Dios Santiago contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., Hipescar, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, que expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Fernando Dios Santiago, contra Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L., Juan Manuel Capella Pérez, como administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., e contra María José Lorenzo Gómez, administradora concursal de Refojo y González, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno solidariamente as mercantís demandadas Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Hipescar, S.L. a que lle aboen ao demandante a suma de 1.085,81 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución; e debo condenar e condeno a Juan Manuel Capella Pérez e María José Lorenzo Gómez, na súa soa condición de administradores concursais a se ater á anterior declaración.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberase observar o que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2016

A secretaria xudicial