Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 12968

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 do Carballiño

EDICTO (4/2015).

No procedemento declarativo número 4/2015 seguido ante o Xulgado de Primeira Instancia número 2 do Carballiño, se ditou sentenza con data do 1 de febreiro de 2016.

Conforme o sinalado na Lei de axuizamento civil no artigo 497 e no xeito establecido na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, e, na instrución 6/2012 da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, fíxase para efectos de notificación o presente edicto no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia.

E para que teña efectos de notificación da sentenza ao demandado José Luis Pérez Pérez, en ignorado paradoiro, publícase este edicto, facendo saber que contra a resolución, cuxo texto íntegro poderá consultar o interesado na sección civil deste xulgado, pode interpoñer recurso de apelación no prazo de 20 días.

Exténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

O Carballiño, 11 de marzo de 2016

A secretaria xudicial