Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 13053

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación do Concello de Meaño en materia de recursos locais.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de febreiro de 2016, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que realizou o Concello de Meaño, polo Acordo do Pleno Municipal do 14 de decembro de 2015, das facultades de recadación en vía executiva dos ingresos de dereito público que estean pendentes de cobramento na Tesouraría do Concello.

A citada delegación será realizada pola Deputación Provincial de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 9 de marzo de 2016

Mª del Carmen Silva Rego
Presidenta da Deputación
Provincial de Pontevedra

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra