Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 12966

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (748/2012).

Eu, M. Carmen Sobrado Prado, letrada da Administración de xustiza, con destino na Sección 6ª da Audiencia Provincial de Pontevedra, por este edicto fago constar que na peza de apelación 87/2015, dimanante de ordinario 748/2012 do Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo, esta sección sexta ditou Sentenza do 11 de febreiro de 2016 en que desestima o recurso de apelación formulado por Duarte F.I. contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 8 de Vigo o día 27 de xullo de 2014 e con estimación parcial do recurso de apelación establecido polo mesmo demandante, contra Copromin, S.L., cuxo texto íntegro se encontra nesta sección á disposición dos interesados.

Aclarada por Auto do 4 de marzo de 2016.

Contra a presente sentenza cabe intepoñer recurso de casación/extaordinario por infracción procesual dentro dos vinte días seguintes ao da súa notificación.

Para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Copromin, S.L., expido e asino este edicto.

Vigo, 7 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza