En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de abril de dous mil dezaseis,
Nomeo director xeral de Desenvolvemento Rural a Miguel Ángel Pérez Dubois.
Santiago de Compostela, sete de abril de dous mil dezaseis
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural