Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12376

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

EXTRACTO da Resolución do 18 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2016.

BDNS (Identif.): 302886

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.minhap.gob.es/bsnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

a) Pequenas empresas, segundo a definición que resulta do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

b) Persoas físicas que residan nunha zona rural.

c) Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrícolas e que desenvolvan o seu proxecto na propia explotación.

Segundo. Obxecto

Apoio á creación e desenvolvemento de actividades económicas viables non agrícolas, ben ampliando o abano de actividades desenvolvidas no marco das explotacións agrarias ben mediante a creación, ampliación e modernización das unidades de produción no medio rural.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 17 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2016.

Cuarto. Contía

A contía global da convocatoria é de 3.500.000 €. Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Feader.

Quinto. Prazo de presentación das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

A concesión das axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva.

Os proxectos subvencionados recibirán unha porcentaxe de axuda do 45 % dos gastos subvencionables.

As axudas concedidas están amparadas polo Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013 (DO L 352, do 24 de decembro), referente á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2016

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural