De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase a interesada que se sinala no anexo deste anuncio para que acredite a representación no recurso de reposición interposto contra a resolución ditada pola secretaria xeral técnica por delegación da conselleira o 15 de xullo de 2015, en materia de liquidación de prezos públicos polos servizos de rescate.
De acordo co disposto nos artigos 32 e 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a interesada deberá achegar a dita representación no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ao seguinte enderezo:
Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.
Indícaselle que, de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente, se dará por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
ANEXO
Expediente: Resolución do 15 de xullo de 2015 pola que se liquida o prezo público polos servizos de rescate dun tripulante do buque pesqueiro Okata (AI0563789 5).
Recorrente: Velay Pecheries, SARL.
Acto de notificación: requirimento de acreditación da representación no recurso de reposición interposto contra a resolución ditada no expediente anteriormente citado.
Último domicilio coñecido: peirao de Oza, 50, 15006 A Coruña.