Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12294

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia.

Unha vez examinado o expediente de declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia, dítase esta resolución baseada nos feitos e fundamentos de dereito que se expoñen a seguir:

Feitos.

1. Ricardo José Cao Abad, presidente do Padroado da fundación, formulou solicitude de clasificación e declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña o 20 de novembro de 2015, ante o notario Francisco Manuel López Sánchez, co número de protocolo 2582, pola Universidade da Coruña, representada polo seu reitor Xosé Luís Armesto Barbeito, e as entidades Altia Consultores, S.A., representada por Constantino Fernández Pico; Bahía Software, S.L. Unipersoal, representada por Gustavo Leandro Gómez Martín; Tecnoloxías Plexus, S.L. Unipersoal, representada por Antonio Agrasar Cascallar; Indra Software Labs, S.L. Unipersoal, representada por Manuel Díaz Méndez; Appentra Solutions, S.L., representada por María Rosa Vázquez Rogel; Asociación Clúster TIC Galicia e R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A., representada por Antonio Luis Rodríguez del Corral; Tecalis Engineering, S.L., representada por Isidoro Martínez Soñora e Alberto José Campos Viqueira; o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, representado por Fernando Suárez Lorenzo; o Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, representado por Marcos Jaime Mata Mansilla; Enxenio, S.L., representada por Roberto García Pazos; Avansig, S.L.L., representada por David Trillo Pérez, e Emetel Sistemas, S.L., representada por Rafael Ave Souto.

3. A Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia ten por obxecto, segundo establece o artigo 4 dos estatutos, a contribución ao fortalecemento, potenciación, crecemento e mellora da competitividade do sector das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) de Galicia, mediante o fomento da excelencia na investigación e a transferencia de tecnoloxía, así como a produción, promoción, asesoramento e divulgación do coñecemento no campo das TIC e a formación de persoal experto no devandito campo. De xeito prioritario, mais non exclusivo, este obxecto concretarase no impulso ao CITIC e á Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

4. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, a identificación dos membros do Padroado e os estatutos.

5. Nos estatutos da fundación consta a denominación e natureza; o domicilio, os fins e as actividades para a consecución do seu obxecto e os seus fins, as regras para a aplicación das rendas aos fins fundacionais e para a determinación dos beneficios, así como a designación do Padroado inicial.

6. O Padroado inicial da fundación está formado por Ricardo José Cao Abad como presidente, en representación da Universidade da Coruña; Antonio Luis Rodríguez del Corral como vicepresidente, en representación da Asociación Clúster TIC Galicia; como secretario, non patrón, Pablo No Couto; e como vogais: Manuel Francisco González Penedo, Bertha Guijarro Berdiñas, Nieves Rodríguez Brisaboa e Carlos José Escudero Cascón en representación da Universidade da Coruña; Constantino Fernández Pico, en representación de Altia Consutores, S.A.; Martín Gómez Rodríguez, en representación de Bahía Software, S.L. Unipersoal; Antonio Agrasar Cascallar, en representación de Tecnoloxías Plexus, S.L. Unipersoal; Manuel Díaz Méndez, en representación de Indra Software Labs, S.L. Unipersoal; Rosa María Vázquez Roel, en representación de Appentra Solutions, S.L.; Antonio Luis Rodríguez del Corral, en representación da Asociación Clúster TIC Galicia e R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.; Alberto José Campos Viqueira, en representación de Tecalis Engineering, S.L.; Fernando Suárez Lorenzo, en representación do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia; Marcos Jaime Mata Mansilla, en representación do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia; Roberto García Pazos, en representación de Enxenio, S.L.; David Trillo Pérez, en representación de Avansig, S.L.L. e Rafael Ave Souto, en representación de Emetel Sistemas, S.L.

7. A comisión integrada polos secretarios xerais técnicos de todas as consellerías elevoulle ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumprindo os requisitos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego, e de conformidade co establecido no artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e no artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, o protectorado será exercido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

8. De conformidade coa dita proposta, por orde da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 23 de febreiro de 2016, clasificouse como de interese para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico a Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia e adscribiuse á Consellería de Economía, Emprego e Industria para os efectos do exercicio das funcións do protectorado.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía para Galicia establece que é competencia exclusiva da Comunidade Autónoma galega o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 7.2 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, en relación co Decreto 116/2015, do 4 de outubro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, correspóndelle á Consellería de Economía, Emprego e Industria a declaración de interese galego mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia, así como o exercicio das funcións do protectorado e as demais que correspondan á Xunta de Galicia, de conformidade co indicado no dito regulamento.

Terceiro. Á vista do disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego; no Decreto 14/2006, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e no Decreto 15/2009, da mesma data, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, resultan cumpridos os requisitos establecidos pola normativa vixente para a declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Economía, Emprego e Industria, da Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia, polo que,

RESOLVO:

Declarar de interese galego a Fundación Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de Galicia e ordenar a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Esta fundación queda sometida ao disposto na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego; no Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e no Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, así como na demais normativa que resulte de aplicación, onde se establecen especialmente as obrigas de dar publicidade suficiente do seu obxecto e actividades, da ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos, así como da presentación anual da documentación contable e do plan de actuación ante o protectorado, que será exercido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Contra esta resolución pode interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas o do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Económia, Emprego e Industria