Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12252

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Baña

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación, reforma e legalización de instalacións en explotación de cría de visóns en Menlle de Abaixo.

Matomba Mink Farm, S.L. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a ampliación, reforma e legalización de instalacións en explotación de cría de visóns no lugar de Menlle de Abaixo, parroquia de Troitosende. En cumprimento do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP e no DOG, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Baña, 24 de febreiro de 2016

José Andrés García Cardeso
Alcalde