Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12251

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Baña

ANUNCIO de información pública sobre área de lavado para vehículos dentro do recinto da estación de servizo de Seoane.

Estación de Servicio Seoane, S.L. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para área de lavado para vehículos dentro do recinto da estación de servizo no lugar de Seoane, parroquia de Barcala. En cumprimento do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no BOP e no DOG, coa finalidade de que durante este poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Baña, 14 de xaneiro de 2016

José Andrés García Cardeso
Alcalde