Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12072

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (414/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 414/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José Crespo Merelas contra A.C. Medin, S.A. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 160/2016.

A Coruña, 8 de marzo de 2016

Decido:

Primeiro. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Juan José Crespo Merelas fronte a A.C. Medin, S.A. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, ou ben, por elección da empresa, a que extinga a relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A devandita opción deberá exercerse en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito termo, sen que se tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización, o prazo de preaviso non concedido e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: a cantidade de 11.193,21 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 58,68 euros/día.

– En todo caso, o aboamento de 880,19 euros en concepto de prazo de preaviso non concedido ao traballador despedido por causas obxectivas.

Terceiro. Estimo a acción sobre reclamación de cantidade formulada por Juan José Crespo Merelas fronte a A.C. Medin, S.A. e, en consecuencia, condeno esta a aboar ao primeiro a suma de 7.056,10 euros en concepto de salarios percibidos e non satisfeitos.

Cuarto. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6 inciso primeiro da LRXS cos límites previstos no artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivo.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado do Social número 5 de Reforzo de A Coruña.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a A.C. Medin, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de marzo de 2016

A secretaria xudicial